Equipa de traballo do Centro de Día de Oleiros. Dunha banda, o persoal xerocultor componse por: Dolo, Dani, Isa, Juani, Manuela, Mercedes, Mari Carmen, María, Patricia e Rosa. Doutra banda, o equipo técnico está composto por: María, Marta, Laura, Paloma, Paula e Rita.

Todos xuntos, traballamos para acadar a máxima calidade no traballo e o benestar e satisfacción das persoas usuarias. O Centro de Día de Oleiros está situado nunha zona rural e destaca polo seu gran xardín e inmediacións tranquilas de paseo e ocio, polo que as saídas continuadas e a pertenza na comunidade está asegurada.

En efecto, as comidas no xardín, as actividades ao aire libre e as sestas no exterior son as grandes protagonistas do verán. Tamén, destacamos a proximidade do centro sobre as praias da zona, o cal nos permite realizar moitas saídas na época estival, sendo esta unha das actividades favoritas por todos.

Vos enviamos unha foto do noso centro e outra dunha parte do noso pequeno horto, xa que é algo moi especial para as persoas usuarias e ao que lle dedican todo o seu cariño e tempo.